¿Por qué esta web só está en galego?

Para utilizar Alén é imprescindible ter coñecementos de galego, xa que Alén non é un tradutor completo, senón máis ben un asistente de tradución. Polo tanto, se tes problemas co galego, Alén non vai ser a túa salvación.

¿Qué significa que Alén é un asistente de tradución?

Alén pode realizar traducións pero a base do seu funcionamento son dicionarios incompletos. Esto fai que na maioría dos casos aparezan no texto a traducir palabras descoñecidas, para as que hai que introducir a súa correspondencia en galego. Por outro lado o texto traducido precisa dunha revisión manual posterior, que corrixa os posibles fallos que poden aparecer.

¿Qué podo agardar de Alén?

Alén pódeche aforrar moitísimo tempo na tradución dun texto, pero non abondará con coller o texto traducido sen máis. Haino que revisar. Sen embargo, os resultados que ofrece son moi bos (sempre mellorables, claro), polo que o tempo utilizado nesta revisión non é de ningunha maneira comparable ó tempo que levaría facer la tradución manualmente.

¿Por qué debo compartir os meus dicionarios?

Ó compartir os dicionarios, todas as traducións que ti tiveches que "ensinar" a Alén poderán ser incorporadas ós dicionarios dos demais usuarios do programa. Desta maneira, os dicionarios irán medrando en beneficio de todos.

¿Qué pasa se alguén introduce no seu dicionario traducións erróneas e despois comparte os dicionarios?

Os dicionarios compartidos son revisados e só as traducións correctas serán engadidas ós dicionarios de Alén para a súa distribución. De todos modos, a tarefa da revisión é, tediosa, polo que sería de agradecer certo coidado ó engadir palabras ó teu dicionario se despois tes pensado compartilo.

   
  webalen.santiagocaldas.org © Fernando Gómez Fernández 2015